venres, 26 de maio de 2006

“La canción del verano” ¿Sóavos moito?

¿Quen será coroada como a raíña do verán 2006?? Fagan apostas donas e cabaleiros…..

Coma tódolos anos, cada verán óese falar de quen vai se-la canción dos meses estivais. E cada ano sempre se tenta escoller a raíña mayor das “Festas”. E como todo nesta vida, nunca Chone a gusto de todos.
Cada un ten a súa propia canción e as súas lóxicas preferencias. Aínda así, sempre hai dúas ou tres cancións que sobresaen do resto por x factores.

O indiscutible rei da canción do verán é GEORGIE DANN (el chiringuito, etc.
Ilustres canciós do verán foron "El tractor amarillo" de Zapato Veloz "La Flaca" de Jarabe de Palo, "Aquí no hay playa" de Los Refrescos, " El toro y la luna" de Los Centellas, "El Venao",.....
Nos últimos anos calificáronse como tales a temas como “Bomba” de King Africa (2001), “Aserejé” de las Ketchup (2002), “ Papi Chulo” de Lorna (2003), “ Dragostea din tei” (2004) ou “La camisa negra” de Juanes ou “Zapatetillas” de El Canto del Loco, entre outras moitas. Nese mesmo verán poderían citarse outras moitas…..

Na maior parte son grupos ou cantantes que sacan unha canción ese verán e o resto do ano “viven de rentas”. Outros so sacan unha canción “boa” esa vez e logo nunca máis se soubo deles…….Claro que hai excepcións, pero moi contadas. Canción do verán non é sinónimo de grupo ou cantante bo, pero si de estar de moda unha temporada boa.

Para o 2006 empézanse a posicionar candidaturas. Dúas delas poden ser o FAMOSO Koala con “Opá” e Huecco con “Pa mi guerrera”.

Escoitáremolas centos de veces desde xa e ata despois do verán co risco de empacharnos en exceso…….Tamén se deu o caso de que unha canción que gusta ó principio de tanto escoitala acabar odiándoa…….

¿Quen será coroada como a raíña do verán 2006?? Fagan apostas donas e cabaleiros…..

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :