martes, 9 de maio de 2006

Programas basura e famosillos de menos categoría que de andar por casa/// Cuatro



Cada día estou máis farto de eses famosillos que inundan a xa podre televisión coas súas aventuras,desventuras e montaxes máis evidentes que so fai falta querer ter audiencia a toda costa para negar o evidente....

Pensaba que en CUATRO non iban emitir ningún reality, pero a nova canle, ó pouco de empezar xa apostou por minirealities e por cargarse programas se fai falta. Total, que a día de hoxe vai camiño de seguir a senda iniciada no seu momento polas outras dúas canles de t.v. privada en aberto: Telecinco e Antena 3. Para iso mellor que non lle tiveran dado un novo canal en aberto a PRISA, e continuáramos vendo as raias codifacadas do Canal Plus. Non sei....ata era máis suxerente nalgúns casos....

So me gusta algunha serie de Cuatro, pero bótase en falta moito máis cine bo e deportes (fútbol, baloncesto, etc.) de calidade e interesante. Pero xa se sabe que todo o que pase por CUATRO antes ten que pasar por DIGITAL PLUS e claro, isto é como ver unha peli de cine en MADRID, que chega ó cine do teu pobo tarde, mal e arrastro, e iso se chega..... Nada que CUATRO recolle os desperdicios que non lles interesa á DIGITAL PLUS, porque son menos interesantes ou, sinxelamente, porque no seu momento xa os botaron vía satélite na televisión de pago.

En canto ós famosillos.......¿non se podería facer unha lei que prohibise a telebasura por ser constitutica dun maltrato psíquico ós televidentes orfos dunha programación de calidade e ós que non lles gusta este tipo de personaxes.

En canto á prensa rosa, pois considero que non debería existir, porque se vulnera constantemente o dereito á intimidade en pro "do interés xeral dos televidentes"....

En definitiva e como diría a Bruxa Lola: "¡¡¡basura!!!!. Polo menos con elas aínda te rías, cando a imitaba o Carlos Latre en Crónicas (ó único que se salvaba no xa decadente programa, lonxe de ser o que foi nos seus inicios....)

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :