sábado, 20 de maio de 2006

Sobre as Ketchup e Eurovisión


Sábado, 20 de maio

Hoxe celébrase, un ano máis, un novo Festival de Eurovisión. Particularmente considero que está demostrado que é un engano a tódolos amantes da boa música. Polo menos, moitos dos anos. ¿Por qué? Pois porque está comprobado que os países se botan por temas de peso político ou por afinidade xeográfica. Senón non se entende que canción malas de solennidade teñan puntos dos seus veciños. Estou a falar sobre todo dos países do este (incluidos os da ex-URSS e os da ex-Yugoslavia).

Creo que o Festival debería cambiar a mecánica das votacións. Non sei cómo, verdadeiramente, pero debería cambiala, para evitar estes trapicheos de votos que, se ben ás veces poden estar xustificados porque a canción á que votan é boa, na meirande parte dos casos non é así.

Estes temas politicos de trasfondo explícabaos perfectamente José Luis Uribarri, o que fora presentador do Festival para TVE durante moitos anos ata que se xubilou hai uns anos (2 ou 3).

Cambiando de tercio, pero seguindo co Festival de Eurovisión, quero deixar a miña opinión sobre quen pode gañar este ano. Fágoo minutos antes de que dé inicio o Festival, para que non se diga.....

Gústanme as KETCHUP (especialmente Lucía -a peliroxa- e, sobre todo, Lola -a morena que xa estaba-; Rocío -a irmá morena que se incorporou ó grupo- paréceme un pouco sosa e seria; e, por último, Pilar -a rubia- penso que é algo creída... e a min iso non me gusta....), pero a canción coa que representarán a España é moi normalilla. Creo que quedará entre o posto 15 e o 20, sendo optimistas.

Sobre quen pode gañar, escoitei por encima as cancións. As que máis me gustaron foron as de Rusia, Dinamarca, Suiza, Irlanda e Grecia. Se tivese que decantarme por algunha delas non sei por cal, quizás entre Rusia e Dinamarca, pero calquera desta cinco podería gañar (según o meu gusto claro).

Oxalá me equivoque e gañe España, ou que cando menos quede ben situada. Pero en fin....

Verei as votación por curiosidade......
P.D.: Gustábanme máis as KETCHUP cando so eran tres

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :