venres, 29 de setembro de 2006

** ....Se Isaac Newton levantara a cabeza.....

Se Isaac Newton levantase a cabeza descubriría que se trabucara na formulación da súa lei. Non de todo, pero polo menos en parte. Aquel día no que, sentado baixo unha árbore que o regardaba do sol namentres lía un libro e disfruba da natureza que o rodeaba, descubriu o da forza da gravidade ó caerlle unha mazá. Ou iso é o que di a famosa "lenda urbana" da comunidade científica, aínda que a min me parece un conto chino que o descubrise dese xeito). Pois ben, se hoxe resucitase vería que as cousas cambiaron. Non todo o que sube baixa. E podería pór varios exemplos sobre o tema en cuestión. E é que Isaac non contou cons algunhas variables imprescindibles hoxendía...


As máis importantes son o Euro, o IPC e as petroleiras. Xa sei que non son variables físicas, pero hoxendía afectan –e de qué maneira- ós petos de tódolos cidadáns, que ó fin é o cabo é que realmente importa na economía doméstica. E algo de relación ten coa súa lei e a máxima: TODO O QUE SUBE BAIXA.

Do euro dicir que, desde que o temos, todo está moitísimo máis caro. Será unha vantaxe para unificar moedas no mapa da cada vez máis grande Unión Europea pero vainos arruninar. Cabe engadir que no Reino Unido foron máis listos ca nós e conservaron a súa moeda propia: a libra, despreciando, alomenos de momento, o euro.

Do IPC cabe recriminar que sube máis que os soldos. Porque unha cousa é que se di e outra o que pasa en realidade, coma todo claro. Para rizar o rizo, leo que un determinado concello “de cuyo nombre no quiero acordarme” sube anualmente as tasas municipais para adecualas á subida do IPC. Home que as suba, xa fastidia, pero que empregue dito argumento pois…. Digo eu, ¿non sería máis correcto prantexar que sube o IPC porque suben os precios do que mercamos ou pagamos, entre eles o das tasas públicas?. O mundo ó revés.

Cando falaba de Newton pensaba, non obstante, sobre todo no precio das gasolinas e gasóleos. No último ano e medio o gasoil subiu ata 35 céntimos (na miña zona). A guerra de Irak, cambios de gobernos e mil e unha disculpas dispararon o precio dos famosos barriles de petróleo. Curiosamente, cando se resolveron case o 100% dos problemas que serviron de excusa para incrementar os precios dos carburantes, acontece que os precios non baixan, ou que lles custa baixar de novo. Estes días vimos que os combustibles baixaron usn céntimos, pero para nada descenderon todo o que subiron. So diminuiron 7 céntimos dos 35 que chegaron a medrar. E iso porque se fixo presión mediática, que senón baixaban 2 ou 3 como moito. ¿Qué pasou cos 28 céntimos restantes???? (Ollo, depende da zona onde residades puido baixar un par de céntimos máis como moito).

Por tanto, NON TODO O QUE SUBE BAIXA. Ou, se cadra, NON TODO O QUE SUBE BAIXA NA MESMA CANTIDADE OU DA MESMA MANEIRA. Sexa como fose, se Isaac levantara a cabeza, o primeiro que debería facer sería refacer a súa teoría. Non centrarse so en aspectos físicos, senón tamén materiais e, sobre todo, de índole económico. Ó fin é ó cabo a economía tamén é toda unha ciencia nos nosos días. ¿ou non?.

Carpe Diem.

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :