venres, 8 de setembro de 2006

** Unha traxedia convertida en "Reality"

Estes días non se fala doutra cousa: Natascha Kampusch, a moza austríaca de 18 anos que foi secuestrada cando contaba 10 anos, por un electricista e que a tivo retida 8 anos. Hai uns días, aproveitando un descoido do raptor, conseguiu escapar. O secuestrador suicidouse. A nena, poucos días despois, sae na t.v., nunha entrevista de preguntas preparadas, contando a súa cruel experiencia. Fago unha reflexión en vozo alta ¿por qué os medios de telecomunicación empregan o que sexa so para obter audiencia? ¿é ético? ¿a onde imos parar?. Particularmente, téñoo moi claro: deberíase ter apartado á esta moza de todo este triste espectáculo, ou cando menos, que pasara un tempo prudencial antes da súa aparición televisiva. E non ós poucos días. (...)

Que a televisión (a española e a estranxeira) emiten calquera cousa con tal de ser líderes de audiencia é algo que a ninguén se lle escapa. Vou pedir unha utopía: Oxalá un día tódolos reality´s teñan unha audiencia de escasas decenas de persoas. É triste, que desde xa hai anos se instalaran realities como Gran Hermanos ou outros análogos, cuna de xente sin escrúpulos e capaz de matar ata a súa sombra.... ¿En que sociedade vivimos? Logo pasa o que pasa: os valores nos nenos van en declive, a xente traiciona a quen sexa por cartos, etc,etc.


Diso non vou falar porque é algo moi manido. O que hoxe quero tratar é o asunto desta moza que foi secuestrada por un electricista. A historia, que xa todos imaxino que sabedes, é atroz. O que non me parece ben é a maneira en que se nos quere vender a historia e a prontitude con que aparece na televisión, logo de quedar libre tras uns 3.000 días de cativerio. Nin Ortega Lara, logo de case 600 días de cativerio concedeu unha entrevista por televisión días despois de que o soltase ETA...

Non sei algo non me cheira ben. ¿Por qué o taparlle a cabeza para que ninguén a vira e logo dar unha exclusiva?. ¿Por que tanta présa por conceder unha entrevista? ¿Hai oscuros intereses económicos por detrás? ¿De quen? ¿Quen está manipulando á moza? En definitiva: ¿por que se precipitou tanto a explicación detallada do secuestro? Hai xente que se atreve a dicir que todo é unha montaxe o do secuestro. Home tanto penso que non, pero quen sabe....

Polo resto, non poño en dúbida que a nena fose forte, valente, que madurou ante tal situación ou, incluso, que poida ter un coeficiente intelectual alto. No referente as incoherencias ou contradiccións nas declaracións de Natasha Kampusch, claro que as hai e son notorias. Poden deberse a que non sabe exactamente o que di, confusión, que evita contar cousas importantes e trascendentes ou, simplemente, que foi manipulada e de aí que se contradiga. Dáme igual o motivo.


O importante é ela como persoa, non como obexcto, que é no que a están convertendo os diferentes medios de comunicación. Porque ollo!!!! Critícase que o secuestrador a tivese retida, pero os medios van camiño do mesmo. E senón que llo comenten ós seus pais que se queixan de que non pudieron ver apenas á súa filla ata despois da entrevista…..

So me gustaría pedir un desexo: que os "mass media" non se alimenten desaforadamente da comidilla que supuxo o drama desta rapaza. Xa non digo que sexa obxecto de tódalas tertulias televisivas ou radiofónicas deste país, senón que non me parece correcto que, nete caso, Antena 3 (como se fose a canle que fose) emita a entrevista en horario "prime time". Iso dínolo todo sobre o verdadeiro motivo de da-la noticia.

Considero que non se pode utilizar unha cruel traxedia humana para ser líderes de audiencia. Seguro que estes días presumirán de que tiveron tantos puntos de audiencia e, ó mellor, que foron líderes de audiencia. A min dáme igual. Ou mellor dito: dime a pouca ética que teñen as televisións.

Deixade a esta muller en paz. Que descanse, que se trate....suficiente ten co que lle pasou, co para metela no gran espectáculo dos reality´s humanos.....

Carpe Diem.

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Está moi ben resumida a historia de Natasha na viñeta de onte na Voz de Pinto e Chinto, na que se ve unha nena secuestrada dentro dun televisor. Aínda que a min hai algo neste caso en particular que me chirría -non me acabo de crer todo, que queres, son un incrédulo nato- tes razón niso de que, de ser certo, esta rapaza tería que estar fóra do circo mediático. Porque é así: os medios son un puto circo as máis das veces, sen respecto por nada nin por ninguén. É unha mágoa. ¿A one imos parar?, preguntas. Ao peor sitio, sen dúbida. Unha aperta.