domingo, 22 de outubro de 2006

** Aclaracións e unha "correción"

Tres cousas:

1- Desde onte pola noite seguramente tivéstedes problemas para acceder á lareiramaxica. Non é culpa miña. É culpa de Blogger, a empresa que publica tódalas páxinas "blogspot". De vez en cando ocurre isto. O que pasa é que onte durou bastante e afectoulle, por tanto, a tódalas páxinas "blogspot". A ver se solucionan dunha vez por todas estas caídas!!!!.

2- Se vos fixástedes onte aumentei de 81 a 94 o número de enlaces da lareiramáxica. A páxina está en periodo de reformiñas pequenas...Proximamente seguirán crecendo e chegarán ós 100. Algún de vós preguntásteme porqué a uns enlaces lles poño imaxe e a outros non. Hai dúas explicacións: a primeira é que cantas máis imaxes se poñan máis tarda en cargar á páxina,
e a segunda é que dalgúns enlaces négome a facerlle publicidade co seu logo (por encima de pagarlles cartos, non lles vou facer publicidade, como por ex: Telefónica)

3- O outro día publiquei un chiste gráfico sobre o calentamento do planeta...María envioume unha secuencia máis completa da mesma, polo que procedo a publicala.

Carpe Diem

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :