xoves, 26 de outubro de 2006

** Nunca diluviou que non escampase .....


Si, xa sei que o dito era “Nunca choveu que non escampara”. O de substituir a “choiva” polos “diluvios” creo que está plenamente xustificado ¿ou non?. En fin, sexa como sexa, parece que por fin o tempo nos deu unha tregua. Iso si, que nadie conte que sexa unha tregua permanente…..Namentres, hai que aproveitar. Sobre todo eu (permitídime ser un anaco egoísta chegado este momento) porque estou tendo unhas vacacións pasadas por H2O. Máis, moita máis, H2O da que me tería imaxinado antes de facelo kit-kat ....


Estes días estou tentando ve-la botella media chea e non medio vacía. Choveu si, pero non fun traballar. E pola mañán había días que caian “chuzos de fronte” ou “a cántaros” como diría vulgarmente máis de un, aínda que se o que o dixese fose inglés optaria por estoutra expresión máis refinada pero non por iso menos metafórica: “it´s raining cats and dogs” (literalmente sería que choven cans e gatos, pero tradúcese porque chove a cántaros). Non sei porqué os ingleses se meten cos cans e cos ghatos, non creo que os animaliños teñan a culpa de que chova forte. Certo é que tampouco a teñen os cántaros nin os chuzos……

Filosofías e terminoloxía a parte, o feito de ver diluviar na rúa e ti estar na casa, guarecido do intempestuoso tempo do exterior, faite sentir moi moi ben…..E se por enriba isto sucede á hora na que deberías terte ido a traballar, cousa que non fixestes porque te atopas “disfrutando” das vacacións pois…..MOITO MELLOR SENSACIÓN!!!…. Se hai que ver a botella medio chea…

Outro razoamento podía ser que o mal tempo acompañado de choivas limpan todo. En troques, desta vez máis que limpar ensuciaron e moito….Pero, polo xeral, se non caen con tanta intensidade as precipitacións valen para iso, para limpar e, claro está, para que os embalses e pantanos recobren o seu alento impóluto que esmorecia paseniñamente co asolagamento do que eran obxecto por parte do Rei Sol….

Os dias de chuvia serven para reflexionar, para pensar, para ordear cousas e pensamentos. Ver chover é algo que te induce a recapacitar. Non sei, pero de vez en cando, é bo facelo. ¿Non lle pasou a niguén isto?.

O malo, ó marxe dos inconvenientes lóxicos de tanta auga, é que tende a baixar o estado de ánimo das persoas. Parece algo trivial pero é así. Co bo tempo, o noso estado de humor e alegría é maior que cando chove e fai mal tempo. ¿Por qué os nórdicos teñen un carácter máis frío que os que vivimos máis ó sur, como por exemplo España ou Italia? (e xa non digo nada de zonas como Andalucía ou as Illas Canarias, que son o “summun” da alegría….). Pero tamén é bo que haxa momentos para estas cousas. Logo apréciase mellor o sol e o bo tempo. Pasa como todo nesta vida. Se te acostumas a que algo sexa o habitual, convértelo en normal e non lle das o aprecio que realmente lle habería que dar. E non so cousas……Hai que saber apreciar todo o que nos rodea. Por desgracia case nunca é así…. Erro dos humanos…

Cousas do tempo, de diluvios e de temporais….O que non acaba de entender, e é unha dúbida que me corroe a cabeza., e a seguinte cuestión. A ver se me podedes axudar….
Se en condicións normais de choiva (é dicir sin diluviar como estes días), a auga contribúe a limpar todo, ¿como é que o líquido elemento non consigue limpar o telelixo das diferenes cadeas?..……

Carpe Diem

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Julio, o do telelixo é unha porcallada tan incrustrada que con auga soa non se limpa, asimesmo diluvie un ano enteiro. É mellor empregar outros métodos máis efectivos e sinxelos como premer o botón do off e mandalos a facer gargarexos. Xa se sabe, cuspir tanta merda débelle deixar a gorxa moi seca.

Anónimo dixo...

Non sei si a chuvia induce a reflexión, ó mellor é así, como non se pode facer nada fóra. Hai que ser positivos, pero a chuvia cansa pronto. O paisaxe está verde, así e todo tamén hai demasiada humidade. Os días transcorren grises, fríos e monótonos. Meu avó dicía que había dúas épocas do ano para morrer: a caída da folla e as costas de marzo. Outono e primavera. Meu avó destes temas sabía un pouco, tiña moitas amizades e sempre fixo moita vida social, enterros incluídos. Tivo unha vida longa e feliz. Para min foi un verdadeiro pai. Quixera parecerme un pouco a él, ter a súa paz, o seu sosego, a súa memoria, o seu gusto pola sabiduría,...tantas cousas. Cando me vía desanimada dábame sempre o mesmo consello "non te deixes dominar pola tristeza". Palabras sinxelas e sabias. Hoxe quero recordalo adicándolle este pequeno comentario.