luns, 23 de outubro de 2006

** Un bicampeón español na Fórmula 1 de so 25 anos (II)

Un campión de F-1 de so 24 anos (publicado o 26/09/2005)

Asturiano de nacemento para máis señas, isto é primo irmán dos galegos. Un deportista que gañou un campionato hoxe que se tiña ben merecido.Fernando Alonso é un mozo de 24 anos que leva moi dentro o de correr. Ó mellor é o único campionato de F-1 que gaña (oxalá que gañe moitos máis), pero dame igual. O que el acaba de facer hoxe ten un dobre mérito:
1. É o primeiro español en ser campión da Fórmula 1
2- Ningún outro piloto do mundo gañara un campionato de F-1 sendo tan novo. Ata agora o récord tíñao Emerson Fitipaldi con 25 anos e 8 meses (por 24 anos e 1 mes de Fernandinho).


E se me apurades, habería un terceiro mérito:
3-É o primeiro piloto en coroarse campión no grande premio de Brasil (se ben isto ten un porqué moi fácil: antes este G.P. era un dos primeiros da tempada e agora é un dos últimos).

FERNADINHO ALONSO (que para algo o gañou en Brasil) é todo un exemplo de constancia, valentía e esforzo, moito esforzo para tódolos xóvenes e non tan xóvenes. Seguramente que despois del sexa moi complicado que outro piloto español tome o seu relevo a tan grande nivel. Algo así pasou no ciclismo con Induráin e os seus sucesorores españois....

Sufriu, pero demostrou a súa valía, sentado dentro dun Minardi (que é á fórmula 1 o que un can palleiro no eido animal, ou tamén unha tartaruga). Piloto de probas de Renault, e nos tres últimos anos colleitou éxitos. A súa primeira carreira como piloto oficial de Renault no 2003 quedou 3º. Ese mesmo ano gañou a súa 1ª carreira na F-1. O ano pasado non puido gañar carreiras, pero este anos gañou en 6 ocasións e, salvando en contados casos, non baixou do podium. Un podium no que hoxe honrou ós seus queridos paisanos asturianos, escanciando o champán no trofeo que lle derou como terceiro clasificado.


Como o di o outro, e aínda que no peor dos casos non gañase máis mundiais (cousa que non vai pasar), FERNANDIÑO --Agora galeguízote-- que nadie che pode quitar o bailado.

Felicidades meu!!

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :