sábado, 11 de novembro de 2006

** A Lareira Máxica migra á Beta Blogger

Desde este sábado 11 de novembro, a lareira máxica pasouse á nova versión de blogger, denominada Beta Blogger. Se ben ten algúns inconvenientes (por exemplo o buscador de contidos deste blog ou doutros blogs non funciona, tamén ten varias vantaxes. As máis destacadas son que ..... o tempo de publicación disminúe. Iso vós non o ides a notar, pero o que vos escribe sí, e moito (¿termináronse as soporíferas esperas para publicar algúns artigos?). Outra é que é que xa admite o idioma castelán por defecto e non fai falta que o administrador faga malabarismos para cambiar as palabras en inglés....

A vantaxe que ides notar vós será, sobre todo, a de clasificación dos artigos por ETIQUETAS ou TEMAS. A partir de agora tódolos artigos estarán asociados a un etiqueta ou a máis, que se situará ó final do artigo. Se premedes nela aparecerán tódolos artigos que sobre ese TEMA se publicaron. Un mesmo artigo poden pertencer a varias categorías, polo que procurarei asocialos ós principais temas que toca. Haberá excepcións coma por exemplo no apartado de OPINIÓN, no que en realidade se poderían incluir a meirande parte dos artigos, pero so incluirei aqueles nos que predomine moito a opinión, senón encadraranse no TEMA que toque o devandito artigo. Insisto, poderíanse facer outras clasificacións. Non pretende ser a clasificación perfecta. Tentarei ir asociando paseniñamente os artigos ás etiquetas. Princpiarei polos máis recentes, dado que xa hai máis de 6 meses de artigos.

De momento non me deu moito tempo a observar tódalas ventaxas e inconvenientes (o máis destacado é que non funciona a búsqueda de cousas no blog ou noutros blogs, así como que non recoñecía os acentos e as ñ da columna da esquerda e a dos cometnarios, polo que tiven que voltar a cambialas unha por unha....De chinos....). Tamén se rumorea que hai problemas para facer comentarios, pero creo que blogger xa o solucionei.Se fai falta xa vos irei avisando de problemas que poidan xurdir. Toquemos madeira....

O que de momento vou conservar vai ser a plantilla actual. Estiven facendo probas coa nova plantilla, pero emprega unha linguaxe de programación que non me permite conservar tódolos vínculos (e son a día de hoxe 94, máis os vídeos de música e humor, o calendario, os contadores e o reloj...). Tería que empezar de cero...... Iso si, a nova plantilla é moito máis completas en aspectos como fontes, colores e outras moitas opcións que non hai no antigo nin no beta blogger sin actualizar o diseño.

De momento, posiblemente non a cambiarei, pero parece ser que dentro dun tempo blogger vaianas cambiar "de oficio", polo que confío en que haxa algunha forma de respetar todos estes vínculos dos que vos acabo de falar. A día de hoxe, non sei cómo facer para trasladalos á nova plantilla que é moito máis complexa que a actual. Espero que todo teña unha solucion satisfactoria.

Por último se en algún momento vedes que hai algún problema raro na páxina, unha de dúas: ou é culpa de blogger e os seus colgues, ou son eu que ando experimentando ou actualizando a lareira máxica....

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Julio Torres dixo...

No caso de cambiar á nova plantilla de blogger (non a cor senón a forma de editar a plantilla) non podería usar a versión reducida dos artigos. Isto quere dicir que non aparecía a opción "Ve-lo artigo completo" e sairía o artigo completo na portada. Isto faría que a páxina fose moi longa, ó non pór un título abreviado.

Asemade tampouco funcionaría o recadro de "* vínculos de interés", no que actualmente figura os enlaces da O.C.U, Agencia de Protección de Datos, e Carnet por puntos: Guía Básica.

Son quizais dúas das principais desvantaxes que vin, ensaiando nunha nova plantilla.

As ventaxes serían as que xa dixen no artigo e xiran en torno ás fontes, colores e outras cuestións da estructura).

O que me dá máis rabia e a desvantaxe o de non poder pór a versión intro e expandida do artigo. Por este motivo, pídovos que quen sepa como solucionar este problema coa versión beta blogger versión "diseño de plantilla" mo diga. Insisto en que de momento, o cambio a Beta Blogger foi parcial, para completalo quedaría o de cambiar ó novo diseño da plantilla, a cal é máis difícil de manexar. Por isto último, esperarei a facer o cambio completo