mércores, 8 de novembro de 2006

...Xa falta moi pouco.....Na fin de semana: a solución.

Tampouco facía falta falta que puxeras os pelos de punta..... Pero é un costume que xa tiña hai anos este home da dereita.... ¿Quen é? O humor é o seu. Dunha forma ou doutra.... ¿
Prosegue o misterio, se ben xa hai dúas persoas que adivinaron de qué se trata todo. Noraboa. Por certo, as dúas mulleres!!!. Non publiquei os vosos comentarios para non estropearlle a intriga ó resto de persoas. Para os que aínda non sabedes quen son estes rostros e a que se adicaban, dicirvos que se trataba de algo que saia na televisión e que rematou hai xa 19 anos, concretamente non ano 1987. Pero segue perdurando na memoria colectiva......Unha película? unha serie? un programa de humor?....que era??. Tivo dúas etapas diferenciadas.... Hai rostros que foron máis coñecidos que outros. Ah, por certo, o home do sombreiro do luns non é ingles. Son todos, toditos españoles.....
Ánimo, que tan difícil non é, porque senón non o tería acertado ninguén a estas alturas....
Á fin de semana terédela resposta. ¿atréveste a dicir de qué se trata? (so publicarei as respostas incorrectas).

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :