xoves, 11 de xaneiro de 2007

** A Frase Máxica.........¿estás dacordo con ela?

Pode adquirirse todo na sociedade menos o carácter (Stendhal)

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Julio Torres dixo...

Discrepo desta frase. Unhah profesora que tiven de Ética explicárnos que a personalidade é a suma de temperamento e carácter. O temperamento é genético, non se aprende, namentres que o carácter é o que forxa o seu individuo coa educación que recibe e a súa formación.
De aí que poida haber persoas de carácter débil pero moi temperamentais ou persoas de gran carácter pero nada temperamentais.
Así que o de que o carácter non se pode adquirir coido que é ó revés. E vós, ¡que pensades?

Anónimo dixo...

Uf!, entón, ti dis que o que se adquire é o carácter, mentras que o temperamento vennos dado pola xenética. Pode ser. O que está claro é que certos rasgos da personalidade teñen que ser xenéticos e outros teñen que ser adquiridos no proceso de socialización do individuo. Esta é a miña modesta aportación. Teño un Tratado de Psicoloxía, terei que documentarme para poder opinar na Lareira con criterio científico. Este é un tema moi interesante. Entón, si o carácter é adquirido, a xente pode cambiar co paso do tempo, é dicir, as experiencias do suxeto modificarían o seu carácter. Supoño que será así, sen embargo, a algunha xente non lle pasa esto, é dicir, non creo que muden de temperamento, nin de carácter, siguen sendo os mesmos. E máis, a min esta xente sorpréndeme gratamente. Cando levo tempo sin ver a unha persoa é cando percibo estes "cambios", a algunhas xa nos recoñeco, deben ser as persoas de personalidade camaleónica, estas sempre se adaptan o seu entorno. Outros nunca cambian, parece que non lle afecte nada, son os de sempre, os máis entrañables, por suposto.