martes, 23 de xaneiro de 2007

** Un grave accidente con final tráxico en Combarro

O que vos escribe aínda ten os pelos de punta. ¿Por que? Pois porque hoxe houbo un accidente cerca en Chancelas, na parroquia de Combarro (Concello de Poio) na estrada PO-308 que é a que utilizo cada día para ir a traballar.

Cando se produciu o accidente eu no estaba na carretera senón traballando. Non me colleu, por fortuna, pero puido te-lo feito. Non a esa hora, pero si a outra. O accidente foi entre un camión que envorcou (dou a volta) e aplastou un coche no que ían unha nai con dous rapaces de curta idade e a avoa destes, e que circulaba corretamnete, según informan os medios de comunicaicón. O suceso cobrouse a vida da nai e dunha filla de 6 anos. Pero mellor que contárvolo eu, mellor que leades a información e vexades as fotos.....So dicir que tardaron en darse de conta que debaixo do camión habí un coche totalmente aplastado....So oír isto último xa arrepía......Ufff!!!!

So dicir que o coche aplastado ben puido ser o meu. Porque é unha estrada pola que paso cada día por motivos laborais. So pido precaución ó volante, aínda según daba conta un dos informativos das 9, debeuse a que o camión emborcou por culpa de que tiña mal repartida a carga ou algo así.......

Unha familia totalmente destrozada por unha moi grave neglixencia, descoido ou chamádelle o que queirades....

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Qué pena que pasen estas cousas. É terrible pensar que esta traxedia ocorreu porque o camión levaba a carga mal repartida ¡qué barbaridade!