mércores, 28 de marzo de 2007

** Entre a terceira e a sexta feira: Introducción

Di o acervo popular que “o que non visitou Lisboa non veu cousa boa”. E abofé que Lisboa é ben bonita. Sin duda. A semana pasada, entre o martes e o venres, estiven na capital lusa disfrutando - como xa sabedes -, duns días de asueto e descanso. Non o fixen so. Acompañoume nesta viaxe un excelente amigo: Pablo Pedreira, un coruñés residente desde hai algo máis de tres anos en Barcelona. Un enamorado da Cidade Condal na cal traballa. Pablo foi compañeiro de estudios en Santiago de Compostela e é unha desas persoas coas que vale a pena rodearse. Gran amigo. Sí, señor. Gracias amigo!!

Voltando ó tema: ós dous nos atraía a idea de viaxar e coñecer de primeira man Lisboa. Desde hai tempo. O ano pasado decidimos que ...--->Ve-lo Artigo completo....
nesta primavera deixaríamonos caer por alí e disfrutariamos dos seus encantos. E así o fixemos. Xusto cando a primavera agromaba os seus primeiros raios de luz, cando espertaba do seu sono invernal, dous turistas españoles empregárona para irse con ela de rélax a Portugal. So foi cousa de aproveitar uns días de vacacións nos respectivos traballos. Contabamos ter ido en Semana Santa, pero por motivos laborais non puido ser.

Como as cousas hai que facelas ben, antes de írmonos ó país veciño recabamos información sobre o noso destino. Foi fácil. Entre amigos, familiares, compañeiros de traballo ( a todos gracias!!!, en especial a Roberto que nos facilitou planos e guías moi útiles da cidade e arredores) e o maravilloso océano que é internet, serviunos para facernos unha idea do que debiamos visitar. Iso si, tendo moi presente que dispoñiamos de catro días. Nin un día máis nin un menos. Catro.

Enseguida nomes como a Torre de Belem, o Monasterio dos Jerónimos, O Castelo de San Jorge, a Baixa, Chiado, Alfama, O Palacio da Ajuda, a Catedral de Lisboa ou o Oceanario (Acuario) inundaron os nosos pensamentos. ¿Sería tan bonitos estes lugares como todos nos dicían?. Ningúen nos falara mal de Lisboa. Todo o contrario….

Ó longo dos vindeiros capítulos de “Entre a terceira e a quinta feira” (Entre o martes e o venres, que se diría en portugués) irei degranando as nosas experiencias e impresións sobre estes lugares. Un por cada día, máis dos capítulos extras.

No primeiro capítulo contareivos sobre a nosa chegada a Lisboa, e os lugares que nese primeiro día visitamos: Torre de Belén, Monasterio dos Jerónimos ou Castelo de San Jorge.
No segundo, un día máis relaxado, narrareivos sobre a nosa visita ó Museo Gulbenkian, Baixa, Rossío ou o Museo dos Descubrimentos.

Logo, no terceiro, deixaremos momentanemamente Lisboa para acercaremonos á localidade veciña de Simtra, onde vos retratarei os seu palacetes. Unha visita a un lugar moi especial e fermoso.

No cuarto capítulo abordarei o noso último día de estancia na capital de Portugal, no cal visitarmos o recinto no que tivo lugar a Expo de Lisboa no ano 1998, e o oceanario.

No quinto será un capítulo sorpresa. Simpática diría eu. Será curto, pero si moi entretido e visual….

Por último, no sexto farei unha conclusión final da viaxe, facendo suxerencias e recomendacións a ter en conta. Se me quedase algo no tinteiro aproveitarei aquí para recuperalo.

Polo de agora, non puiden escribir nada, xa que andiven bastante liado estes días. Tede paciencia, porque tardarán un pouco en irse publicando. Non serán a diario, pero tentarei que non pase moito tempo entre eles. ¿O primeiro para cando?. Espero que antes de que acabe a semana. Subliñar que o primeiro día foi o día máis intensivo e, por iso, quizás sexa o capítulo máis longo, tamén.

Non será o mesmo contalo que estar alí mesmo, sin duda, e posiblemente haxa cousas que sexa case imposible relatar. Tamén tratarei de facelos o máis amentos posibles, apoiándome, como non, nalgunhas fotos. Polo de agora, déixovos coa música de fondo de A Lareira Máxica...
Carpe Diem



Artigo feito por: Julio Torres
A Lareira Máxica

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :