venres, 2 de marzo de 2007

** Un blog moi literario + unha letra moi pegadiza


Din que o home é un animal de costumes. Pois si,estou convencido de que é asi. E entre as miñas rutinas diarias está de visitar Rabudo, o blog de Nacho Mirás (na foto da dereita), xornalista de La Voz de Galicia recentemente galardoado nos PREMIOS GALICIA DE COMUNICACIÓN.

Nacho ten un blog deses que se o visitas un día, non che quedan gañas de deixar de darlle os bos días, as boas tardes ou as boas noites ó día seguinte. As historias que conta, e, sobre todo, como as conta, son xeniais. Sabe darlle literatura a unha simple anécdota da vida diaria. E ás veces, as historias -ou máis ben os protagonistas destas historias- traspasan a barreira da lóxica e danse cita co surrealismos máis humorístico que ningúen puido imaxinar. Como a vida mesma. Ás veces a lóxica tolea e colúmpiase do pé das persoas esbozando un breve sorriso intenso.

Lémbrovos que é un dos tres blogs que recomendo visitar nos enlaces a blogs que tedes na parte final de A Lareira Máxica. Co tempo irei pondo algún máis que adoito ler.

Pois ben, onte visitando o blog de Rabudo atópome cunha canción dun tal Edilberto colgada alí e que lla adica a Penélope Cruz e Pedro Almodóvar. É algo bastante friki pero é tan pegadiza que non a dou quitado da cabeza. Así que aquí póñovola para que a escoitedes.

¿Que vos pareceu? Agardo respostas. Probade a escoitala un par de veces. Non me digades que non é pegadiza...


Artigo de: JULIO A Lareira Máxica

3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Julio Torres dixo...

Canto máis a escoito máis me vai gustando. Nada, que ata pode ser a canción do verán....Se foi a do Kola, ¿por qué non o pode ser ésta?. Se este Edilberto me fai lembrar o mítico "Cañita Brava". ¿Qué sería del?

Anónimo dixo...

Amigo Julio, con semellante trato tes pagada non unha caña, senón un barril. Grazas por estar aí, e que saibas que eu tamén che sigo. ¿Qué foi de Cañita Brava? Pulsa aquí.O autor da entrevista son eu, aínda que os da Voz dixital esqueceran mencionarme. Un saúdo.
Edilberto forever!!!


COMENTARIO PUBLICADO ORIXINALMENTE POR RABUDO O 06/03/2007

Julio Torres dixo...

De nada Nacho. Telo ben merecido. E gracias por seguir tamén tan humilde blog.

E se queredes saber máis sobre Edilberto Alonso. Premede here para ver a entrevista que tamén lle fixo Nacho Mirás. Merece a pena lela.

Carpe Diem


-------------
Comentario publicado orixinalmente o 6 de marzo de 2007 por Julio