sábado, 24 de novembro de 2007

** PICASION, unha boa forma de xuntar imaxes

O outro día lendo o blog de Eifonso Lagares, Islas Cíes, atopeime cun artigo que lle adicaba a unha aplicación denominada PICASION que nos permite facer un pase dinámico de ata 10 fotos ou imaxes. É gratuito e non é preciso rexistrarse nin instalo. So hai que subir as imaxes a este programa e logo poñer o código que nos da no noso blog. Aleatoriamente collín 10 imaxes. Hai para tódolos gustos. Son as primeiras que se me viñeron a mente. Non hai concordancia. Desde aquí tamén aproveito para feliciar a Eifonso polo fenomenal blog que fai a diario (Algunha praia seguro que lle sona e lle gusta ó noso amigo Eifonso...).

Lémbrovos que tedes un enlaces del na EIRA DOS BLOGS, situada ó final da columna lateral esquerda de A Lareira Máxica. Por certo, se queredes xogar co PICASION e subir as vosas propias imaxes e enviarnolas, gustaríanos moitos.

Carpe Diem


create animated gif

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

¡Qué envexa! Como me gustaría ser de ahí e poder levar o meu can a dar un volta pola praia, seguro que o pasaba ben, encántalle mollarse. Outra cousa, Julio, xa podes ir preparando un novo “Qué contento estou...”, o contador de visitas pronto marcará ¡¡30.000!!. Alégrame moito ver que xa estás publicando de novo, sinal inequívoca de que xa estás ben.

Julio Torres dixo...

Bueno, ben aínda non estou, pero algo mellor sí. Con todo o uso do PC non me é nada recomendable. Ás veces os deseos poden máis que o sentido común. Gracias Mariam