luns, 31 de decembro de 2007

** 2007. Punto e final. 2008. Feliz ano!!!

Acabouse 2007!!! O ano esmorece entre os seus últimos alentos. Un 2007 no que pasaron moitas e variadas cousas. Unhas boas e outras malas, para variar. Cada ano por estas datas facemos acopio das cousas que pasaron, dos famosos que faleceron (entre outros este ano poderiamos citar a: Fernando Fernán Gómez, José Luis Coll, Luciano Pavarotti ou Nicolau Casáus). Un ano bo para moit@s e malo para outros. A música de tódolos anos...

Chegado o 31 de decembro sempre me lembro dunha canción de Mecano, titulada "Un año más" que pertence ó exitoso álbum do ano 1988 Descanso Dominical. Fai referencia ós 5 minutos antes das badaladas de fin de ano e cómo se lembra o que pasou nese ano.



Este ano 2007 que acaba tamén pasará a historia por moitas cousas. O outro día comentaba cun amigo unha: a do debate de liberdade de expresión xurdido a raíz dunha viñeta de humor publicada como portada da revista El Jueves que tod@s xa vístedes. Persoalmente, e sen entrar a valorar o contido da viñeta, creo que foi pior proibila que non telo feito. Déuselle aínda máis repercusión. O efecto boomerang... Sí, moit@s son o que opina o mesmo ca min....Pola importancia que adquiriu paso a por a imaxe, que colga de multitude de blogs..



¿E ti que recordos ou anécdotas te vas levar deste 2007? Lembremos deste 2007 as cousas boas que nos pasaron. Feliz 2008!!! ¿De que maneira o vas celebrar? . Lémonos no 2008. Agardo...



P.D.: Coidado nas estradas na Noite de Fin de Ano. Sentidiño e responsabilidade, please!!!



Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Guillermo Pardo dixo...

Do 2007 só levo a sensación dun ano perdido en moitos sentidos, aínda que persoalmente non foi malo. Pero creo que se perderon ocasións importantes de facer un mundo mellor: parar a guerra en Irak, estabilizar o Líbano, popularizar as vacunas contra a malaria e o sida, deixar de intervir en Afganistán e de poñer zancadillas en Oriente Medio. Hai moitas máis, pero sería longo a aburrido citalas.
Saude e sorte.