sábado, 1 de decembro de 2007

** Dous mundos diferentes nunha mesma sociedade


O outro día envíabame Sonia un artigo recollido do xornal HOY DIGITAL, no que se fala sobre as penurias que están pasando na República Dominicana. Lembrade que non hai moito a natureza xogou na súa contra en forma de desastre natural. Curiosamente o huracán NOEL trouxo traxedia. E digo curiosamente porque agora que se acerca o Nadal, chegará Papá Noel. Ironías da vida...

Chegado a este punto e chegadas estas datas eu sempre me fago a mesma reflexión: ¿Cómo é posible que os concellos de toda España se gasten millóns de pesetas no alumeado público cando outras persoas -e xa non falo da República Dominicana, senón en España mesmo- que malviven con míseras pensións ou que nin sequera as teñen. ¿Algúen lles preguntou se lles gusta as luces de navidad tan floridas e fermosas que alumean enriba deles namentres eles pasan frío e fame? ¿Que falso Nadal preconizamos? ¿Confundimos Nadal e valores humanos con consumismo? Sen dúbida que sí o facemos. Eu pola miña parte considero que non deberían pórse eses fastuosos letreiros: FELIZ NADAL, etc. NON!!! Tódolos concellos que o fan -creo que todos- pois fan mal. Os cartos que despilfarran todas estas semanas que os destinen a gasto social e á axudar ós máis necesitados do seu concello. Seguro que a eles lles o agradecerán....SEGURO!!!!

Nós estaremos atentos a mercar, mercar, mercar, regalar, regalar, regalar e regalar cousas caras, comidas e cenas navideñas e deixarse unhas pasta en lotería. A outros, tocoulles unha lotería ben diferente. A lotería que tiña o décimo da pobreza e da miseria. Pero, insisto, que a pobreza está en moitas parte do mundo, pero preto de nós tamén...

¿DE QUE SERVE FELICITAR ÁS FESTAS SE NO TEU CONCELLO -Sen ir máis lonxe- MALVIVE XENTE QUE PRECISA AXUDA ECONÓMICA OU DOUTRA ÍNDOLE QUE PODERÍA TER COS CARTOS QUE OS POLITICOS GASTAN EN ALUMEADOS TAN ESAXERADOS E ABUNDANTES COMO HIPÓCRITAS E QUE REZUMAN UN SABOR CONSUMISTA?



UNHA OPINIÓN DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

O alumeado público, Juliño, parece mentira que non o saibas, non so contribúe a que as nosas rúas lozan máis bonitas e emperifolladas que nunca, senón, e o que é máis importante, contribúen ó consumismo, ese gran mal da nosa sociedade.
Polo menos iso foi o que lles respostou o noso benquerido alcalde á oposición cando lles propuxeron encender as luces só 6 días á semana: que os comerciantes da localidade seguro que non pensarían o mesmo.
E xa sabes o mal que está o tema coa subida do euribor, as hipotecas bla bla bla. Vamos, que o de gastar cartos é un hobbie en decadencia que hai que intentar revivir sexa como sexa.