sábado, 2 de febreiro de 2008

** Pau Gasol sube o seu prestixio ó fichar polos Lakers

Sen dúbida, a nova das últimas horas é a fichaxe do baloncestista español Paul Gasol polos Angeles Lakers. Deixa atrás o equipo que o acolleu nos últimos seis anos e medio na NBA: Os Memphis Grizzlies. No equipo de Memphis deixa orfo ó outro españo: Juan Carlos, a "Bomba" Navarro. A súa fichaxe implica o traspaso de 4 xogadores dos Lakers a Memphis, así como a cesión dos dereitos do irmán, de Pau, Marc Gasol e tamén as elección dos Lakers nos draft de 2008 e 2010.

Os Lakers é un dos equipos míticos da NBA. Aínda me lembro dos duelos nos 80 cos Celtics Boston de Larry Bird. Pódese dicir que foron os dous conxuntos que dominaron a década. Daquela Magic Jhonson, Kareem Abdul-Jabbar ou Bob Mcadoo entre outros. Por este equipo tamén pasaron outros míticos xogadores coma Wilt Chamberlain ou Shaquille O'Neal. Nos 80 gañou 4 ligas (alí falan de aneles) da NBA: temporadas 81-82, 84-85, 86-87 e 87-88. Asemade, disputraon 7 finais e acadaron máis de 50 victorias en todas e cada unha das 10 temporadas regulares (en 5 delas gañaron máis de 60 partidos). En fin, toda unha lenda dos 80, vida algo a menos nos últimos anos. Hoxe, sen dúbida, a súa gran estrela e Kobe Bryant.

Gasol, moita sorte, e moitos éxitos cos Lakers. Sen dúbida, un premio merecedísimo ó teu esforzo pouco recompensado ata o de agora no equipo dos Grizzlies. So resta por saber que número lucirá nos Lakers, pero coido que voltará a ser o 16. A súa fichaxe todo un acerto para as dúas partes: para os Lakers porque gaña un xogador importante, campión do mundo de baloncesto e que promedia un bos números na NBA, e para Gasol porque vai a un equipo mítico e campión da NBA, que garda tras de sí unha gran lenda.



UN ARTIGO REALIZADO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Pau is the best!