sábado, 12 de abril de 2008

** Uns bombóns para tódolos visitantes de A Lareira Máxica

Hoxe, 12 de abril, un servidor está de santo (de día santo, quen, por desgracia, parece que non é moi coñecido. E especifico o de día, porque para o mes de Julio estarei de mes santo) e quere celebralo invitándovos a uns bombóns virtuais. Agardo que vos gusten moito. Iso si, non abusar que logo....

A entrada número 700 deste blog, tamén vai dirixida a informar sobre A Lareira Máxica -que o 1 de maio cumprirá 2 anos de vida-. Fixen algúns reaxustes. O contador xeral -de cor azul- pasa ó principio da columna dereita, namentres que o contador das visitas por países que ata agora estaba ó principio da columna esquerda, xúntase cos demais contadores pormenorizados ó final da columna dereita. Asemade desde hai uns días, ó principio do blog iravos saíndo unha frase máxica de xeito aleatorio cada vez que se carga a páxina. Deste xeito, a columna da esquerda resérvase exclusivamente para a hora, o calendario, o santoral, o tempo e enlaces de webs e blogs, namentres que traductores, feeds, música online (reproductor de IMEEN que acumula máis de 500 cancións, así como emisoras de radio online), autoría do blog, e-mail, libro de visitas, pos-its, opción de páxina de inicio de A.L.M., últimos comentarios e top de comentaristas, buscador interno, artigos publicados, fotos, vídeos,xogos, contadores de visitas.

No lado de despedidas, está a do chat de A Lareira Máxica, que nos veu acompañando desde hai bastantes meses, e que non acadou o uso esperado. Non descarto reincoporalo nun futuro. Como sempre, dependerá de vós.

Aproveito para lembrarvos que as vosas suxerencias sobre o diseño e o contido do blog serán benvidas e tidas en conta.

Carpe Diem

6 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Grazas por os bombóns, están moi bos.
Eu pronto estarei tamen de mes santo.

Anónimo dixo...

Perdoa o esquecemento ¡feliz día santo! aínda que sexa con atraso.

Anónimo dixo...

Non o sabia, Felicidades e gracias polos bombóns, están riquísimos.
Felicidades, vai ser que eu de santos non me entero moito, excepto algún moi coñecido ou o da familia, máis ben porque mo recordan ou é unha fecha moi sinalada, je.
Felicidades o grande.

Julio Torres dixo...

Gracias Toupe, Gracias Sonia.

Anónimo dixo...

Moitas felicidades aínda que sexa con retraso Julio!!!! Todo un detalle o dos bombóns.

Anónimo dixo...

Graciñas polos bombóns virtuais, estanche ben bos.