venres, 23 de maio de 2008

** Julian Beever: Arte nos espacios públicos (1)

Imaxina que un día vas camiñando pola rúa e de repente ves algo que pensas que é real, pero que, nembargantes, non o é, pois so son pinturas. Pode sonar raro o que estou a dicir pero como unha imaxe vale máis que mil palabras aquí vos subo unhas fotos de pinturas que poderían pasar perfectamente por cousas reais, ou cando menos simulalas rematadamente ben. E en calquera caso, son obras de arte feitas en espacios públicos.Un exemplo son as obras do pintor Julian Beever. Sonia, colaboradora habitual de A Lareira Máxica remítenos un elenco delas, as cales iremos publicando en varias entregas. Hoxe tedes a primeira. ¿Que vos parecen?
Julio






FOTOS ENVIADAS POR: Sonia
Colaboradora habitual de A Lareira Máxica

4 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Marabilloso!!.
Gústame a arte urbana por exemplo algúns grafitis.

Anónimo dixo...

As obras deste artista son impresionantes. Ten unha perspectiva da perspectiva (con perdón) asombrosa. Son tan reais coma se fosen de carne e oso. Saúdos.

Zebedeo dixo...

Eso é o que facía falta en Sanxenxo, un pouquiño de arte urbán. O turismo pode verse tamén atraído polo arte. ¿Non queren desestacionalizar o turismo? Arte, cabaleiros, arte. Eso o que queremos e non unha fonte coma a que está preto do concello, tiraron unha casa para poñer esa fonte que nin da auga nin nada. O dito hai que fichar a Julian Beever ¡fichalo, pibe, fichalo! :)

Julio Torres dixo...

Gracias polos vosos comentarios. Sí, a arte deste artista é moi moi realista. Dota ós cadros dunha "cuarta" dimensión.

Zebe: Facía tempo que non tiña o pracer de recibir a túa visita. Por certo, agardo con impaciencia máis posts en A Veiga Descalza. As últimas veces que pasei estaba algo en stand by. Gústame moito o voso blog. Por certo, eu ficharía a Julian Beever. "Palanquín" non parece. Ti xa me entendes...