venres, 29 de agosto de 2008

** O verán rematou. Setembro: novas ilusións

O verán toca ó seu fin. Por esta época acostuma a escoitarse aquel clásico do Dúo Dinámico; "El final del verano", aquela mesma canción que serviu de despedida a aqueles turistas que foron visitar o pobo de Nerja (Málaga) un verán azul de principios dos 80.

Namentres escribo estas líneas(venres pola noite), os tronos fan acto de presencia e serven de banda sonora de fondo. Cruzo os dedos e agardo que non fagan das súas. Unha vez uns primo-irmáns destes lóstregos foron algo rabudos e quixeron investigar que había dentro do meu pc. A experiencia custoume ter que levar o ordenador a boxes...

Pois ó que ía, o verán remata. É nótase porque xa hai uns días que as campañas da volta ó cole e as dichosas coleccións de todo aquilo habido e por haber se anuncian a bombo e platillo (por certo: ¿alguén chegou a iniciar e completar algunha destas maravillosas coleccións. Servidor non completou ningunha, é máis ninguha vez pasei da primeira entrega, nalgunha que acabei picando. As cousas que fai o márketing...)

Setembro para min suporá, paradoxicamente, coller vacacións no traballo. E significará decir adeus a varias cousas e proxectos e darlle a benvida a outros ilusionantes. Nesta vida hai que priorizar necesidades. A Lareira Máxica seguirá alumeando na blogosfera, con menor periodicidade mal que me pese, iso si. Cando menos tentarei actualizar unha vez á semana. Tranquilos que non vai pechar. Iso é o último. Sería como enterrar a un fill@.

Setembro tamén trae a tranquilidade a Sanxenxo, no sentido de que os miles e miles de visitantes que inundan literalemente este pequeno pobo de 17.000 habitantes empadroados, se van. As rúas recobran a tranquilidade e as colas nas carreteras, nos supermercados,etc,etc. tamén se esfuman e din adeus ata a Semana Santa. O bonito, o realmente maravilloso e a paz dun pobo mariñeiro, que ten o mar e o monte a uns pasos. Pero cando todo se masifica o encanto evapórase. Polo menos para éste blogueiro.

Noutros lares, como a televisión, voltan os rostros máis coñecidos e debutan as fichaxes, retornan as series e programas estrela e todo volta a rutina rota nos meses estivais (mágoa que o telelixo non colla vacacións eternas). Ah, por suposto, volta o fútbol: hala barça e hala celta!!!

Agora pregúntovos a vós sobre o final do verán e a chegada de setembro: ¿como o afrontades e que opinión vos merece esta época do ano?

Déixovos cun vídeo-recordo musical e televisivo a un tempo. Triste, moi triste, pero real como a vida mesma. As veces as despedidas son para sempre, outras so son un ata logo. A propósito: ¡¡ Cómo pasan os anos...!! Isto lémbrame que vai voltar pasar outro máis dentro duns días. Xa podían pasar máis despacio...




UN ARTIGO ELABORADO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Anónimo dixo...

Septembro, adios o verán, e comeza o traballo para moitos.
Septembro é unha época de novas ilusión, proxectos, o encontro cos compañeiros. O mesmo tempo a nostalxia do que queda atrás, as tardes relaxadas, o calor, a praia, as vacacións.
É unha mestura de sentimentos, novas ideas e a nostalxia do que que queda.
Pero bueno, nun par de días un xa está metido no traballo de cheo, cos novos proxectos, intentando ver como mellorar no traballo. Aínda que logo , dentro de nada un está tan inmerso no seu traballo qeu moitos dos proxectos quedan atrás, aínda que algún intente continuar funcionando.
Novas ilusións.
Por certo que teñas unhas moi boas vacación. Supoño que ten que ter a súa ventaxa as vacacións nesta época, menos xente, desprazamentos máis asequibles...Disfrutaas. O mesmo lles digo a todos os que estades disfrutando das vacacións.