venres, 18 de setembro de 2009

** A Lareira Máxica, finalista provisional nos 20 Blogs´09

Un total de 5.548 blogs participaron nos Premios 20 Blogs 2009, organizadas polo diario gratuíto "20 Minutos". Había un total de 20 categorías. Cada blog so podía presentarse a de mellor diseño e a outra. Nós eliximos a de diseño e a de "Versión Orixinal" (blog escrito en lingua distinta ó castelán). Tras finalizar as votacións os resultados provisionais sitúan a A Lareira Máxica 4ª na categoría versión orixinal, con 26 votos, e 62º na categoría de mellor diseño, con 3 votos. Os resultados oficiais publicaranse o día 28-09-09.

A clasificación dos cinco primeiros na categoría "Versión Orixinal" foi:
1- El blog del Profe de Francés, 77 votos (blog en francés)
2- Cinema Friki, 74 votos (blog en galego)
3- 365 things I love in life!, 44 votos (blog en inglés)
4- A Lareira Máxica, 26 votos (blog en galego)
5- La volta dels 25, 25 votos (blog en catalán)

Unha vez sexan confirmados os resultados, os 5 primeiros blogs de cada unha das categorías pasarán á gran final, na que un xurado de expertos elixirá o mellor blog 2009. Coido que o xurado inclinarase por algún dos 20 gañadores nas 20 categorías.
Con todo, coido que estas votacións non son xustas xa que hai blogs que hai meses que non se actualizan e, por contra, tiveron moitos puntos. Tamén resulta curioso comprobar como na categoría Versión Orixinal se presentou algún escrito en castelán ou blogs duplicados, cousa que non debería estar permitida. Penso que a organización dos Premios debería ter elixido entre as 20 categorías (na que sobraba algunhas e faltaban outras) un número determinado de blogs de certa calidade e logo deixarlle votar a todos os que quixeran e non so ós inscritos nos Premios 20 Blogs. Ougallá na vindeira edición melloren...

Por certo, noraboa ós gañadores nas respectivas categorías.

3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

An dixo...

Non che diria eu que fose tal como dis. Un ano quedei de primeiro na mesma categoría e non fun escollido para a final, pero de todos xeitos noraboa meu. Saúdos

juan andrés milleiro dixo...

megaparabéns julio :)

e perdoa que tarde tanto e apenas comente... pero teño cero tempo co traballo últimamente!

Julio Torres dixo...

Moitas gracias Andrés, a pesar de que faltan que sexan oficiais os resultados. Polo de tardar en comentar xa sabes o que di o dito: "Máis vale tarde que nunca".

O dito moitas gracias, amigo

Un saúdo para Salamnaca e Visca o Barça!!!