venres, 7 de maio de 2010

** A inequívoca invisibilidade dunha gran Danza


SAN XENXO. Julio Torres

O grupo malagueño Danza Invisible é un dos meus preferidos. Desde principios dos 80 a súa música é un referente no mundo do pop nacional. Sabor de Amor, Reina del Caribe, a versión de A este lado de la carretera, Amor de Madre, Salsa Rosa, La estanquera del puerto, Naturaleza Muerta ou tantas outras. Logo duns anos de descanso, no que o seu vocalista Javier Ojeda fixo carreira en solitario, vóltanse a xuntar (en realidade nunca se separaron) para deleitarnos co seu último disco titulado "Tía Lucía", do que se extrae este single chamado No quiero bailar, tan pegadizo ("...No quiero bailar, no quiero bailar contigo, sé que al final te haría daño, no puedo verte llorar..."), que retoma o seu mellor son. Por certo, que é un dos grupos que vale moi moito velos en directo. Javier da todo encima do escenario. Debe acabar moído de tanto salto que da...Recomendables os seus concertos.

Nunha cousa discrepo coa nova canción: servidor sí quere bailar. ¿Quen se apunta?...




ENLACE:

Web de Danza Invisible

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :