venres, 8 de outubro de 2010

** AFORTUNADOS


VIGO. Sonia
Colaboradora

Hoxe, aquí sentada, son consciente unha vez máis do afortunada que son.

As veces un non está cheo, non acaba de atopar o seu espacio, ou busca algo grande, unha felicidade total, un paraíso, quizais non reparamos que non hai paraíso ou felicidade se non se experimenta un pouco a dor, porque todo forma parte desa felicidade.
Pode que, a felicidade sexa unha utopía, unha táboa de náufrago, unha aspiración, un sono, e mentres esquecemos o día a día, eses instantes de lecer, de alegría interior.

Deus, canto afortunados somos, ao ver un azul intenso no ceo, o fondo as montañas do país veciño e o verde intenso da nosa terra.
Somos ricos, cando ollamos unha aposta do sol, e ao noso carón os nosos amigos, sobriños, pais, namorados........
Deus, temos unha terra máxica, praia, montaña, prado, sol, neve, choiva........Tráeme lindos recordos dun poema que aprendín de pequena e vos expreso algunha estrofa:

“Galicia é unha nai velliña e soñadora,
na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora.

Galicia somos nós,
a xente maila fala
se buscas a Galicia
en ti tes que atopala”

Somos moitos que crecemos coa nosa xente, e a miúdo esquecemos que somos grandes, polo moito que non queren, están para o bo e para o malo. Pode que, ás veces, non aceptemos o que nos din, rifamos, outras rimos, incluso choramos, pero están.

Afortunados os que temos un prato de comida na mesa, e mellor aínda dos que disfrutamos dunha comida caseira feita polos nosos pais. Sempre se lembra con nostalxia a comida da “mamá” ou da nosa avoa.

Podemos protestar, non sentirnos cheos, pero debemos ser consciente do gran afortunados que somos, polo menos se temos as nosas necesidades básicas cubertas...

Escoitemos ben o noso corazón, porque quizais esa paz que a veces buscamos está no noso interior, non esquezamos que vivimos nun país libre, e nunha terra fermosa, con xente fermosa.

Somos únicos e irrepetibles e no noso interior hai un tesouro por descubrir que luce coma as estrelas da noite. Todos podemos brillar, iso si, sempre que o fagamos con amor, no sentido grande da palabra.

5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Julio Torres dixo...

Pódese dicir máis alto, pero non máis claro. Coincido en todo o que escribes Sonia. Aproveito para darche as gracias polo teu artigo. Ah, e perdona a tardanza en publicalo.

Mariam dixo...

Vale, somos afortunados porque nacemos nunha sociedade desenvolvida e gozamos de oportunidades,(educación, asistencia sanitaria,...), que outras persoas non terán xamais.
Por outra banda, aquí tamén hai problemas, que non estamos nin no paraíso terreal nin no barrio Sésamo. De feito, os ansiolíticos e os antidepresivos son dos fármacos que se máis recetan. Eso quere decir, a priori, que hai moita xente que non se sente tan afortunada e, polo que se ve, tamén sofre.
Ás veces pensamos que as nosas circunstancias son as do resto da xente e iso non ten porque ser así. Por exemplo, sen ir máis lonxe, podes nacer nunha familia maravillosa ou nunha familia horrible, horrible de verdad, que de todo hai neste mundo. En Galicia, tamén.

sonia dixo...

Si Marian, tes razón, son consciente de tantas realidades horribles que tamén se viven en Galicia, e tamén das depresións, ansiolíticos....Pero eu pregúntome, qué ocorre ¿por qué tantas depresións? Hay situacións moi complexas das que non podes huir e dañan, pero outras ¿por qué tanta dor noutras situacións? Porque os nosos corazóns están tristes, doloridos e temos tantos problemas?

Pretendo resaltar co artigo a importancia de valorar o día a día. Pero son consciente de tanta xente que sofre por tantos motivos, todos son motivos dolorosos para cada unha desas persoas, pero qué nos ocorre? Depresión, angustia, ansiedade, non atoparse......Ademáis de situacións críticas, que non teñen palabra.................Pero elas tamén teñen un tesouro, que as veces non poden e outras yo impiden ver.

Grazas

Mariam dixo...

Está claro que a nosa sociedade é complicada, ou polo menos, é unha sociedade que lle causa malestar a moitas persoas que se converten en seres enfermos, eternamente insatisfeitos. Supoño que moitos dos nosos problemas terán que ver co consumismo e coa decadencia dos valores éticos.
¡Saúdos!

Anónimo dixo...

Cristina C.

Sé Feliz sen mirar a quén !

A felicidade está dentro de nós, ás veces convivindo coa tristeza. Sen embargo, sen tristeza habería felicidade?