venres, 14 de xaneiro de 2011

** Porque os días chuviosos non teñen que ser tristes...

Nnon estou certo de si xa publicaste este video de Perpetuum Jazzile co seu tema de Africa. Pero gustaríame que todos modos, os videntes e colaboradores de A Lareira Máxica o escoiten non só unha sinon moitas veces, pois esta actuación ten algo que me enbruxa. A miña lastima é non poder escoitala en directo, pois xa sabedes que o directo é 1000 veces mellor que escoitar música e voces a capela plasmados en discos compactos, cassettes, baixados de internet, ou mesmo visto a traves da televisión ou radio.




Adicado a MARIAM E JULIO, e en definitiva a todo aquel que non é feliz en días chuviosos ou de inverno. Porque de tódalas cousas que percibimos e vivimos neste mundo, ata as que nos entristecen, poden verse doutro xeito, e convertirse en gozo para todos. So hai que cambiar o chip e pensar que o vaso non esta medio vacio, sinon medio cheo. Tamen querollo adicar de forma moi especial a MARIA, pois necesitas tempo para pensar. Eso si, MARIA, NON ESQUEZAS QUE TI ERES O MAIS IMPORTANTE.



REMITIDO POR: O Moucho
Colaborador de A Lareira Máxica

5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Julio Torres dixo...

Gracias pola parte que me toca. A min non me gustan estes días pequenos (facerse de noite ás 6 da tarde) fríos e húmidos. Prefiro os días grandes, non fríos e carentes de humidade no aire.

O vídeo musical xa o virá nalgún outro blog. Impresionante.

Saúdos Máxicos. Carpe Diem

Mariam dixo...

¡Moitas grazas, Moucho! Este inverno estáseme facendo moi duro e moi longo. O video está moi ben, non o coñecía.
Hawaii-Bombay, ¿cándo chegará o verán?
Venres, 14 de xaneiro, ¡inda falta moito para que cheguen as tardes soleadas de maio!
Bueno, teño outra pregunta, ¿cando o asqueroso inverno nos dará unha trégua? Pido, por pedir que non sexa, 15 días de tempo soleado de inverno. Case nada no país da auga.

Alvariño dixo...

A min os días chuviosos fanme pouca gracia.
Mariam, é verdade que inda queda moito inverno por diante, pero tamén é verdade que o último sábado de marzo faise o cambio horario. Polo menos, anque chova, hai máis horas de luz.

sonia dixo...

A choiva da alegría a natureza, temos unha terra fermosa, impresionante, tal paraíso non sería así, de non ser terra de choiva.

Coincido con vos, en que os días chuviosos non son agradables, pero tamén considero que xa que están, hai que verlle o lado positivo....Ten certo encanto, todo depende como se mire.

O Moucho dixo...

Xusto o que eu penso, Sonia