mércores, 16 de maio de 2012

** Unha segunda oportunidade...


SANXENXO. Julio Torres

Lembro, a principios dos 80, este programa. Era un pequeno e cada vez que vía esta imaxe arrepiábame. Esa roca, ese impacto. Non hai moito, gracias ás novas tecnoloxías unha vez máis, puiden voltar a ver a cabeceira deste programa. Segue asustando aínda hoxe, pois o tema da seguridade vial é algo moi moi serio pois un simple despiste dun excelente conductor pode conlevar fatídicas consecuencias. Outras veces morren inocentes por culpa de conductores neglixentes e temerarios que pouco ou nada lles importa segar vidas alleas sumidos na voracidade do alcohol e a velocidade, combinación altamente explosiva.

Aquí vos deixo unhas imaxes que, estou seguro, alguén de vós lembrará. É dun programa de seguridad vial chamado "La segunda oportunidad". Daquela so había TVE e dúas canles (a segunda había que mover moito a antena para que se vise decentemente), a televisión pechaba ó mediodía e pola noite. Iso sí, o telelixo non existía. Ougallá a segunda oportunidade tamén viñera dada por eliminar o telelixo e realities varios que pouco ou nada bo aportan máis que cousas banais e intrascendentes. E lembrade: precaución ó volante.

Un saúdo desde Sanxenxo neste abafante 16 de maio, víspera do Día das Letras Galegas e no que os termómetros rebasan en moitos casos os 30 grados.

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

sonia dixo...

Ogalla a televisión fose máis educativo ou al menos que non motive a ver programas inútiles, nos que xogan coas persoas, as manipulan. O peor é que nos manipulan a nós, os espectadores...O final somos como máquinas ou robots, non en todo, pero en moistos aspectos parecémonos.....Deixámonos levar como..........