xoves, 10 de abril de 2014

** O perigo consentido dos coches sen carnet

É incomprensible o feito de permitir o uso de coches para os que non fai falta ter carné de conducir e que todos temos visto nalgunha ocasión. Curiosamente lonxe de existir menos cada vez vense moitos máis. Persoalmente considero que para calquera vehículo a motor debería ser obrigatorio están en posesión do carné correspondiente para poder manexalo. ¿Por que? Pois porque para circular na estrada é preciso non so a práctica senón ter coñecementos teóricos. É UN PERIGO. Non comprendo cómo a Dirección Xeral de Tráfico consente iso. Non comprendo porque os que usan moto ou un coche dos de toda a vida deben ter carné de conducir, namentras que outros que empregan os denominados "ser carné" non se lles esixa tal requisito imprescindible. ¿Será un privilexio, con motivo económico, a favor das marcas que fabrican estes coches? Sexa cal sexa a causa coido que é unha decisón irresponsable e perigosa, á par que inxusta por partes dos lexisladores.


Xa sei que hai persoas que teñen o carné de conducir dun coche ou de moto e logo non aplican as normas de tráfico que tiveron que aprender, pero que directamente non se lles esixa ter permiso de conducir ós que usan os "coches sen carné" e que logo poidan provocar accidentes tanto pola reducida velocidade á que circulan como polo descoñecemento das normas de tráfico... É máis, as persoas que mercan este tipo de coches fano porque non se ven capacitados para sacar a parte teórica do carné de conducir. A contradicción é moi clara...

Doutro lado, a estes cochiños so se lles permite circular en distancias curtas, pero na práctica a xente emprégaos para ir a onde queren sen importarlle o lonxe que poida estar o seu destino. E iso por non dicir que so teñen dúas prazas dianteiras e hai xente que leva nenos nel.

¿Estamos tolos? Así pois cabe preguntar ¿por que se lle pide ó resto de conductores? ¿Non circulan por estradas ó igual que outros coches ou motos para os que é preciso ter carné de conducir? ¿En que quedamos entón? Non sei vós pero a min é algo que me parece un evidente perigo consentido a nivel legal...

...........................................................
Julio Torres
Editor de A Lareira Máxica

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Estrela de Xullo dixo...

Un coche sen carné é un vehículo máis dos que circulan pola estrada; por certas estradas, xa que non por todas lles é permitido circular.O problema é que non sempre se lles dá un uso adecuado e emprégase como un utilitario normal.

Este artigo deume pé para falar dun costume que me irrita moito na estrada, que é o feito de os demais condutores non sinalizaren as manobras que van facer co intermitente. Pero que lles custará darlle á panquiña...?

Ben, ninguén é perfecto.
Saúdos.