sábado, 13 de decembro de 2014

** Madonna, anos 80

Madonna é, sen dúbida, unha das grandes cantantes do pop internacional. Coido que se poderían distinguir varias etapas na súa carreira, cores de pelo e escándalos á marxe. A música que máis me gusta dela era a dos 80 pois é un son máis netamente pop. Nesta época interpretou míticas cancións coma: Holiday, Who´s that girl?, La isla bonita, Material Girl, True Blue, Like a virgin, Like a prayer (canción que acaba de cumpriu xa 25 anos, Express yourself ou Cherish. Persoalmente considero que as cancións de 1990 en diante, agás algunha excepción,non superan en calidade á dos 80.





...........................................................

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Estrela de Xullo dixo...

Cada vez que alguén fala de Madonna, acórdome dunha redacción que tivera que facer para Inglés cando cursaba 1º de BUP e na que debiamos elixir un personaxe famoso e escribir sobre el. Eu escollera esta cantante, que estaba de moda daquela e que a todos nos gustaba moito. Co paso do tempo fóiseme facendo menos interesante, ata acabar por non saber nin cal é a súa última canción. Por certo, que foi de Madonna?
Un saúdo.