martes, 30 de setembro de 2014

** Los Tamara


Artigo adicado ó meu amigo Alberto Ordóñez, gran amante da música de Los Tamara e de Pucho Boedo


Los Tamara foi un dos grandes grupos galegos de música, en especial a etapa que tivo a Pucho Boedo como vocalista. Creouse en Noia en 1958 e viviron a súa época dourada deste conxunto na década dos 60 e dos 70. Cancions como "A Santiago Voy", "Puerto de Compostela", "Mi tierra gallega", "Airiños, airiños, aires", "O vello e o sapo" e outras quedarán sempre na memoria colectiva dos amantes da música galega.

As persoas que formaron parte de Los Tamara ó longo da súa historia foron: German Olariaga (voz 1958-61), Pucho Boedo, (voz 1961-76),Paco Montero (voz 1976-80),Enrique Paisal Rego, Antonio Vázquez,Prudencio Romo, Alberte Romo, Quique Alvarado, Antonio Cruz, Manuel Graña e Sito Sedes (so en 1990 e no 2002).

...........................................................
Julio Torres



** ¿Recaudar ou salvar vidas?

Xa sabedes que me encanta o humor tan galego de Luis Dávila. O de Bueu sempre adoitar colorear de actualidade tinguidas de retranca galega as súas viñetas.

Nos últimos días estase a falar máis ca nunca de se as multas son máis para recaudar que para salvar vidas. O novo axuste dos radares permiten multar a unha persoa que vai a 58 km/hora nunha vía limitada a 50%. Diminúe a marxe de erro. Moito se podería falar sobre o tema. A reflexión máis escoitada é aquela que di que se o que se pretende é a que xente no corra, pois que se lle informe sempre de que hai radares. Outra é en que límite de velocidade está o risco: 50, 55, 58, 70. Todo é moi relativo e os tramos escollidos para os límites se realizan utilizando o sentido común. Outra cuestión é que hai moitos tramos que poñen a limitación de 50 pero non poñen o do fin da limitación. E moitas máis. ¿Vos que pensades de todo isto?
................................
Julio Torres

xoves, 11 de setembro de 2014

** O vermello xa non é sinónimo de éxito

O vermello parece que cotiza á baixa. O Ferrari de Fernando Alonso cada vez corre menos, presidente dese equipo vermello dimite onte. E tamén onte a ÑBA, a selección española, a vermella, caeu eliminada nos cuartos de finais do Mundial de baloncesto que se disputa en España. A mellor selección que nunca tivo España caeu sorprendentemente eliminada logo dun partido malísimo no que nunca estivo dentro. Atrás queda aquel Mundial que gañaron no 2006, poucos meses despois do nacemento de A Lareira Máxica.

E falando de vermella, o equipo de España de fútbol tamén está en horas baixas, logo de quedar eliminada na primeira fase do Mundial de fútbol de Brasil no mes de xuño deste ano. Outro magnífico combinado que dificilmente se repetira e que conquerira en 2010 o Mundial de fútbol de Sudáfrica. Agora está de renovación e figuras ilustres como Puyol, Xavi, Xabi Alonso ou Villa xa dixeron adeus á selección.


Lonxe queda aquel mes de agosto de 2010 no que chegamos a ser os vixentes campións do Mundial de fútbol e do Mundial e do de baloncesto, e no que, asemade, eramos os daquela actuais campións por seleccións da Eurocopa de fútbol, así como da Eurocopa de baloncesto. Catro títulos en catro competicións distintas, algo que estou seguro que xamais voltará a acontecer.

O dito, o vermello non vive os seus mellores momentos na actualidade. O globo vermello pinchouse ou, cando menos, perdeu aire...

...........................................................
Julio Torres