domingo, 26 de abril de 2015

** O presente é o único certo

Di Julieta Venegas que o presente é o unico que temos. E é así. O pasado xa pasou e o futuro aínda non chegou. Non se pode vivir no pasado. Tampouco no futuro. Polo tanto, e agás que teñamos unha máquina do tempo ó estilo Regreso al Futuro, Julieta convídanos a vivir o presente pois é o único que temos seguro. Sumerxida nun ton romántico lémbranos que a vida pasa axiña e non nos decatamos que o presente esmorece cada día. Como a vida mesma. Carpe diem.


1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Sonia dixo...

Ben certo é o que nos transmite, sen embargo, con que frecuencia o temos en conta?

Sempre pendentes do que pasou ou buscando un futuro, un xa chegará....Vivir aquí e agora é o mellor, os momentos de felicidade asegurados coas persoas que queremos.

Cantas veces decimos xa irei visitalo, xa lle direi un "quérote",.....e logo é demasiado tarde. So cando ocorre o reflexionamos.

Vivir, vivir o presente. Sen aspirar grandes retos, vivir co máis sinxelo, disfrutémolo. Complexo porque somos complexos pero segundo din é máis doado do que consideramos. Vivamos hoxe e agora.